Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2010

D. Luis Taboada Camoeiras: Um galego ejemplar

Imagen
Nom é preciso imaginar nada do que pensaríam os membros das mocedades galeguistas ao saber o que está a acontecer coa lingua galega nestes días. E aseguro isto porque algúns tivemos a oportunidade de preguntarlhes directamente nom hai moito tempo. Sabemos o que pensaban e diciam, pois ninguem logrou taparlhes a lingua, quitarlhes a fala ou facerlhes mirar ás costas para que perderam o caminho. Um deles é a vida de D. Luis Taboada Camoeiras, que por sorte e sem buscalo, topei com ele investigando outros temas que algúns conhecem. D. Luis Taboada, o seisdedos para os amigos, asistiu ás aulas da Escola Laica Neutral, e foi aluno de Hipólito Sinforiano Luengo e Teresa Roqueta. Numa entrevista que lhe fixem a D. Luis, alá polo ano 1998, no Ateneo de Ourense, contábame que foi o seu pai o que agardou a que inauguraram o Centro laico para matriculalo. Contábame que primeiro estivo na casa do Caiam, na praza que hai detras da Trinidade, pero despois pasou á rúa Rainha Vitoria. Coa súa memoria