Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2010

Agora que chega a auga, as chuvias e o outono.

As propiedades da auga. Disfrutade dela.

ESCOLA VIVA em Ourense.

O movemento de renovaciom pedagóxica ESCOLA VIVA celebrou esta passada semana na localidade de Ourense uma xornada de formaciom, que nos lembra ás Escolas de verao que durante moitos anos se organizabam na cidade. Cuma boa participaciom de mestras e mestres de Educaciom Primaria e profesorado de Secundaria, houbo ponencias e debates en torno aos valores educativos e o seu papel enriquecedor no desenvolvemento do ser humano. Os Movementos de Renovaciom Pedagóxica (MRPs), nom caducan e seguen a ter sentido grazas aos sindicatos que botaron mao deles. Desde hai demasiados anos, se nos insistía con vehemencia, que a independencia ideológica era incompatibel cos valores sindicais. Nada máis lonxe da realidade. O trabalho sindical tem moito co ver cos MRPs posto que compartem algúns obxectivos fundamentais. A capacidade de anticipaciom e prevenciom aos problemas de actualidade e a potenciaciom da calidade da formaciom continua, ten pouco que ver coa oferta de formaciom permanente que se fai