Entradas

Mostrando entradas de 2011

O recendo do ambar gris

Imagen
Xa hai bastante tempo que o amigo Chisco faloume del: do recendo do ambar gris. Non sei ben a razón do tema, teño pouca memoria para algunhas cousas, pero sabía que o tiña visto na farmacia do avó Carnicero. Busquei e busquei con interés e topeino.É único e case imposibel de topalo. Nunca pensei que o excremento do cachalote puidese ser tan aprezado en perfumería.

Un ano sen Marcos

Imagen
Odía 5 de decembro fixo un ano que Marcos Valcárcel partiu a unha viaxe sen retorno que todos temos que facer, máis tarde ou máis cedo. Por iso quero lembrar hoxe a súa personalidade, que lle levou á achegar a moitos máis dos de sempre, a paixón pola literatura e pola lingua galegas. Para buscar un símil, escoito ao mesmo tempo que escrebo aos mestres franceses de clave Gaspard Le Roux, Rameau e Duphly. Foi alá polo século XVIII cando a vida musical saíu da corte de Versalles e localizouse en moradas privadas, nas que os músicos convidaban a amigos e coñecidos para presentarlles a músicos e cantantes virtuosos. Este feito fixo que a cultura musical se reflectise na sociedade con forza e se consolidase máis tarde, a pesar da decadencia dos mecenas. Marcos Valcárcel era doutor en Historia Contemporánea e catedrático de Lingua e Literatura Galegas, porén sempre quixo achegarse máis aos seus alumnos do Instituto da Carballeira, que á posibilidade de ocupar un cargo de prestixio nunha das u

EXPOSICION DOS COLPORTORES

Imagen
Os colportores nas Terras da Galiza Por primeira vez en Ourense temos a oportunidade de coñecer a figura dos colportores. Unha exposición no Centro Cultural da Deputaciòn de Ourense organizada pola Igrexa Evanxélica sita na rúa Bonhome desde hai 40 anos, dará conta do traballo destes axentes das Sociedades Bíblicas nas que destaca George Borrow, quen visitou a Galiza no ano 1837.   Ademáis da exposición, un ciclo de conferencias arredor desta temática versará sobre o pasado, presente e futuro deste gremio de traballadores, no que tamén partipou Manuel Curros Enriquez durante o tempo que viviu en Madrid, e no que a inmensa maioría de investigadores perden a súa pista. O programa A exposición realízarase no Edificio Cultural da Deputación de Ourense entre os días 25 de Outubro ao 4 de novembro de 2011, no horario habitual de apertura. Baixo o título “Os colportores nas terras de Galiza” , é a primeira oportunidade de achegarse á figura dos colportores con profundidade e rigor. A Exp

O descrédito das crenzas

http://www.laregion.es/opinion/11751/

Milho verde Zeca Afonso

Imagen
José Afonso - Milho Verde Found at Milho Verde on Duck.fm

conferencia no dia da republica

Estades convivados á conferencia que darei o día 14 (día da república) na asociación A ESMORGA (Rua Telleira- detras do Edificio de Ferro do Campus de Ourense). As 20:00h. O tema: Ideologías perseguidas.

Cuando salí de Cuba...

El motivo de ocuparme de un tema tan delicado como es el de Cuba, se debe a los cambios anunciados por Raúl Castro en materia económica, dada la actual situación de incertidumbre que vive la isla. Y es que tengo la oportunidad de contrastar la información con la realidad diaria de algunos amigos y visitantes que han decidido conocer a pie de calle las necesidades de una población sumida en la pobreza y miseria. Por otra parte, quiero recomendar la lectura de un libro sobre Cuba que me impactó, y que está prohibidísimo en la isla. Su título: 'Raúl Castro: la pulga que cabalgó al tigre', cuyo autor, Vicente Botín, es de reconocido prestigio por su vinculación a TVE y a programas como 'Informe Semanal' o 'En Portada'. Durante tres años fue corresponsal en Cuba, y en el libro desenmascara la figura de Raúl Castro. Sería trágicamente sencillo enumerar las consecuencias que aprisionan a la población cubana, pero si la situación mundial no hubiese mudado, si la URSS

O convivir nas aulas galegas

Imagen
   Despois dunha lectura pausada do contido do anteproxecto de lei de convivencia e participación da comunidade educativa que se nos presenta desde a Consellería de Educación aos diferentes membros do Consello Escolar de Galicia, observamos que no seu conxunto, a lei non responde ás necesidades de convivencia e participación que temos a día de hoxe nos Centros educativos. Resulta un tanto curioso que os verdadeiros protagonistas da convivencia, a propia comunidade educativa, non tivera tempo de expor as súas opoinións respeito a este anteproxecto de Lei, e que outros colectivos consideramos contraria aos intereses da convivencia. Pode parecer que todo o que fai a Xunta de Galicia é contraria aos nosos conceitos ideolóxicos, e por tanto hai que procurar botar abaixo todo o que propoñen, pero nada máis lonxe da realidade. O obxectivo proposto, que consiste en que haxa unha convivencia de calidade nos nosos centros de ensino, é desexo real de todos. Pero vaiamos por partes. O antep

Bater de sombras

Imagen
                                                                                                  Aconteceu o martes 21 deste Nadal, no fermoso entorno do Liceo de Ourense. As sombras de Chisco amosaron a súa faciana e mostrarom uma vez máis a súa ialma espida alominhando-nos aos presentes e ausentes. Cuma lembranza necesaria a Marcos Valcarcel e a Pepe Trebolle, comezou da mao de Fernán Vello, uma apresentaciom íntima e poética que nom entende de idades e atende a sentimentos e emocións. As sombras baterom no corazom de Chisco para poder fazer este livro de poesías, e grazas ás orientacións do autor, podemos identificar-nos coa súa experiencia. A miúdo as sombras batem com forza nas nossas vidas. Sombras que nos enchem de cobiza, ou envexa, de tristeza ou duma teima calquera, e ao mesmo tempo que nos asombram,   poucos som quem de expresalo coma él o fai, nos seus poemas. Pois dentro da inmensidade poética, que de cando em vez queremos utilizar como soporte, para baleirar-nos a nós m