Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2011

O recendo do ambar gris

Imagen
Xa hai bastante tempo que o amigo Chisco faloume del: do recendo do ambar gris. Non sei ben a razón do tema, teño pouca memoria para algunhas cousas, pero sabía que o tiña visto na farmacia do avó Carnicero. Busquei e busquei con interés e topeino.É único e case imposibel de topalo. Nunca pensei que o excremento do cachalote puidese ser tan aprezado en perfumería.

Un ano sen Marcos

Imagen
Odía 5 de decembro fixo un ano que Marcos Valcárcel partiu a unha viaxe sen retorno que todos temos que facer, máis tarde ou máis cedo. Por iso quero lembrar hoxe a súa personalidade, que lle levou á achegar a moitos máis dos de sempre, a paixón pola literatura e pola lingua galegas. Para buscar un símil, escoito ao mesmo tempo que escrebo aos mestres franceses de clave Gaspard Le Roux, Rameau e Duphly. Foi alá polo século XVIII cando a vida musical saíu da corte de Versalles e localizouse en moradas privadas, nas que os músicos convidaban a amigos e coñecidos para presentarlles a músicos e cantantes virtuosos. Este feito fixo que a cultura musical se reflectise na sociedade con forza e se consolidase máis tarde, a pesar da decadencia dos mecenas. Marcos Valcárcel era doutor en Historia Contemporánea e catedrático de Lingua e Literatura Galegas, porén sempre quixo achegarse máis aos seus alumnos do Instituto da Carballeira, que á posibilidade de ocupar un cargo de prestixio nunha das u