Entradas

Mostrando entradas de enero, 2011

O convivir nas aulas galegas

Imagen
   Despois dunha lectura pausada do contido do anteproxecto de lei de convivencia e participación da comunidade educativa que se nos presenta desde a Consellería de Educación aos diferentes membros do Consello Escolar de Galicia, observamos que no seu conxunto, a lei non responde ás necesidades de convivencia e participación que temos a día de hoxe nos Centros educativos. Resulta un tanto curioso que os verdadeiros protagonistas da convivencia, a propia comunidade educativa, non tivera tempo de expor as súas opoinións respeito a este anteproxecto de Lei, e que outros colectivos consideramos contraria aos intereses da convivencia. Pode parecer que todo o que fai a Xunta de Galicia é contraria aos nosos conceitos ideolóxicos, e por tanto hai que procurar botar abaixo todo o que propoñen, pero nada máis lonxe da realidade. O obxectivo proposto, que consiste en que haxa unha convivencia de calidade nos nosos centros de ensino, é desexo real de todos. Pero vaiamos por partes. O antep

Bater de sombras

Imagen
                                                                                                  Aconteceu o martes 21 deste Nadal, no fermoso entorno do Liceo de Ourense. As sombras de Chisco amosaron a súa faciana e mostrarom uma vez máis a súa ialma espida alominhando-nos aos presentes e ausentes. Cuma lembranza necesaria a Marcos Valcarcel e a Pepe Trebolle, comezou da mao de Fernán Vello, uma apresentaciom íntima e poética que nom entende de idades e atende a sentimentos e emocións. As sombras baterom no corazom de Chisco para poder fazer este livro de poesías, e grazas ás orientacións do autor, podemos identificar-nos coa súa experiencia. A miúdo as sombras batem com forza nas nossas vidas. Sombras que nos enchem de cobiza, ou envexa, de tristeza ou duma teima calquera, e ao mesmo tempo que nos asombram,   poucos som quem de expresalo coma él o fai, nos seus poemas. Pois dentro da inmensidade poética, que de cando em vez queremos utilizar como soporte, para baleirar-nos a nós m