Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2012

A análise postcongresual do PSdG-PSOE

Despois de ver o resultado axustado polo que Pachi Vázquez chega á secretaria xeral do PSOE en Galiza, solo fica esperar sentado para ver como chega o partido á convocatoria electoral do próximo ano. Despois de todas as promesas copiadas de moitos foros de debate e mesmo dos comentarios do Facebook, o discurso do Pachi xa é unha reminiscencia dun pasado que lle pon as pilas ao PP, dándolle o pulo que precisa. Aínda de o PP perda a maioría absoluta, o Psoe non está en disposición de governar. Pero así están as cousas e como dí un amigo meu, seguimos sen a liberdade que precisamos para seguir adiante. Xa o dixo desde o comezo. "sen tutelas", agora a aturalo ou roelo. Non queda outra.

A aposta de Elena Espinosa

                                                                                 Sigo esperando coa calma, e xa teño perdida a esperanza de enteirarme ben e antes de tempo, de cales son as bases fundamentais polas que apostará Elena Espinosa no Congreso deste fin de semana. Por unha parte, non lles vou negar a vostedes de que a curiosidade me ten un pouco preso, pero por outra síntome orgulloso dunha candidata que todavía cre nas liberdades individuais para elexir, sen presións, á nova peza fundamental da oposición no panorama político galego. Sería bastante sinxelo desmarcarse da tendencia e deriva do pasado de Pachi, sen entrar en detalles turbios innecesarios que contaminan e non deixan ver ben a luz. Sería tan sinxelo como facer públicas as políticas de progreso que non soubo levar adiante nestes últimos anos, ou plantexar outras que sorprenderán aos congresistas do PSOE galego nestes días. Pero desde a posición e visión privilexiada que otorga o desenvolver e ocupar un Mi