Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2014

A banda de Música de Ourense vítese de Ouro

Xa son varios os artigos que teño dedicado á banda de música da nosa cidade, con motivo das súas actuacións no patio de columnas do Liceo de Ourense. Pois é esta Sociedade Cultural a que os acolle nos tempos de frío e chuva; no resto dos días, bótanse ás rúas para enchelas das emocións e lembranzas que xeneran co seu variado repertorio. E deste modo, ano tras ano, os mestres e músicos, baixo a batuta de D. Francisco Pérez, enchen un espazo no corazón dos ourensanos, que so a través da música dos seus instrumentos, poden chegar e penetrar neles. Cada concerto é motivo para comentar cunhas letras, cunhas palabras emotivas, nuns versos ou nun comentario musical da súa posta en escea. Poren, este 14 de febreiro de 2014 foi un día especial, no que a Banda Municipal recibiu a medalla de Ouro do Liceo de Ourense, para dar cumplimento ao acordo da Xunta Directiva, reunida o 30 do Nadal do 2013. No acto non houbo máis que parabéns para todos os presentes que enchían o Sa