Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2008

Arquetipos Perigosos

Aconteceu numa cidade de augas quentes, que um pobre home foi lavar os piolhos na fonte que ferve,alá polo anos 60 cando ja nom era tam habitual como fora nos 40. Chamábanlhe o ‘acolhoado’, pero para a nossa historia chamareilhe o ‘solitario’, soa melhor. Persoaje um tanto curioso e que me fai lembrar a don Celedonio, ao ascender de porco a marram, salvo que éste nunca chegaría a ser a Alcalde como na novela de Risco. A razom de estar cheo de piolhos era que vinha duma terra longana onde nunca fumigabam as plagas de insectos; viviam com eles a pesar do que picabam.O solitario era solteiro e dedicába-se todo o día a pensar, aparentar e comprar cousas e máis cousas sem valor. Mercaba souvenirs em todos os sitios que visitaba e tinha todo clasificado numa inmensa vitrina na súa morada. Todos os que o visitabam, ficabam pasmados da sua dedicaciom e em realidade queríam ser coma él. As súas crenzas estabam plagadas de fantasía e imaginaciom, e o nosso amigo decidiu adaptar-se ás costumes ga