Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2018

A gala do Turismo e gastronomía galega

Imagen
Non hai moitas semanas falabamos dos camiños gastronómicos no Carballiño. E hoxe, con motivo da gala de Turismo e gastronomía, organizado pola revista HG&T e coa colaboración do Concello e o Inorde, seguimos a falar da Vila do Arenteiro. Nesta ocasión , pasado un lusttro da última gala, pasados varios anos de avaliacións, chega o tempo dos premios, agasallos e recoñecementos. Así, no Auditorio multifuncional do Carballiño, o martes 21 de marzo, tivo lugar o esperado evento, que superou a máis optimista das previsións. Hai que destacar a gran variedade de productos e unha organización de excelencia. Do mesmo xeito, os medios de comunicación de toda a Comunidade Autónoma, deron a coñecer o evento. Quizáis para outra ocasión non estaría de máis que a gala estivese chea de música en directo, humor, poesía ou imitacións que amenicen a entrega de diplomas e recoñecementos. A gastronomía tamén forma parte do patrimonio cultural galego. Unha parte fundamen