Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2012

Exposición de filatelia en Ourense

Imagen
Este ano temos a oportunidade de ver unha exposición de filatelia, numismática e vitolfilia en Ourense. Nos días 9 ao 15 de novembro no Liceo, haberá moitos temas nos que a filatelia ten moito que dicer.    A Sociedade Miño é quen nos convoca a todos os socios a participar, e o debate está servido: a miña colección de 16 páxinas trata sobre DICTADORES. Admito suxerencias. Ah! A entrada é libre e gratuita. BENVIDOS A TODOS

Lembrando ao mestre Manuel Luis Acuña

O mestre de Trives nace no penúltimo ano do século XIX, un día 3 de outubro. Hai aproximadamente 113 anos. Fillo e neto de mestres, quixo seguir o camiño dos seus e estuda Maxisterio por libre en 1920, vivindo xa daquela nas terras de Allariz, onde o seu pai Hemenegildo fora trasladado de escola. Despois de moitas colaboracións en xornais e revistas por todo Galiza, en 1928 gaña a oposición de mestre. Todo segue o seu curso vital e afiánzase na súa ideoloxía no Partido Galeguista. Este feito traeríalle consecuencias tremendas e sería separado do magisterio o 25 de marzo de 1941. Por fortuna non foi paseado como tantos outros, pero sí inxustamente esquecido por moito tempo. Con todo moitos pasaron pola famosa Academia Boveda e até os fillos dos que o represaliaron recibiron o mellor dos magisterios da súa man. El era o director. Era de xustiza que a súa terra tomara boa nota do seu labor e grazas a un MRP 'Nova Escola Galega', no ano 2008 comezou un congreso que