Entradas

Mostrando entradas de enero, 2014

Conversas con Estraviz

Imagen
                                                                                        Pasaron xa 27 anos desde que coñecín a Estraviz numha charla que nos deu na Escola Universitaria de Ourense. Dese primeiro encontro lembro que nos falou da identidade das linguas Galego e Portuguesa cunha naturalidade pasmosa. Tiñao tan claro, que fiquei pensativo cando ouven que tiña o mellor dicionario galego que  existía e que poucos foran de llo valorar e de dalo a coñecer. Por isa inxustiza aparente decidín coñecelo persoalmente. Quería experimentar se estaba diante dun fachendoso sen prestixio ou se pola contra era todo unha eminencia desprezada e rexeitada. O tempo pasou paseniño e o segundo encontro aconteceu nas XII Jornadas do Ensino en Ourense que convocaba a perto de 200 profesores en exercicio. Estraviz falaba galego e escribía dun xeito diferente á norma oficial, poren o máis chocante non era iso, senón que non impuña a ninguén a súa norma. Con explicala era dabondo para en