O mestre de Trives nace no penúltimo ano do século XIX, un día 3 de  outubro. Hai aproximadamente 113 anos. Fillo e neto de mestres, quixo  seguir o camiño dos seus e estuda Maxisterio por libre en 1920, vivindo  xa daquela nas terras de Allariz, onde o seu pai Hemenegildo fora  trasladado de escola. Despois de moitas colaboracións en xornais e  revistas por todo Galiza, en 1928 gaña a oposición de mestre. Todo segue  o seu curso vital e afiánzase na súa ideoloxía no Partido Galeguista.  Este feito traeríalle consecuencias tremendas e sería separado do  magisterio o 25 de marzo de 1941. Por fortuna non foi paseado como  tantos outros, pero sí inxustamente esquecido por moito tempo. Con todo  moitos pasaron pola famosa Academia Boveda e até os fillos dos que o  represaliaron recibiron o mellor dos magisterios da súa man. El era o  director.   Era de xustiza que a súa terra tomara boa nota do seu labor e grazas a  un MRP 'Nova Escola Galega', no ano 2008 comezou un congreso que ...