O Prisciliano do Partido Galeguista






Tendo os pes bem postos na Terra, fazer uma aposta pessoal por dedicar-se aos demáis desde a opciom política nacionalista sinceira, tem tantos riscos que nom chega com levar “casco” para que che dem labazadas pola dereita e pola esquerda. Iso mesmo foi o que lhe aconteceu ao Prisciliano do actual Partido Galeguista, e digo actual pois pouco tem que ver co partido histórico do ourensam Alexandre Bóveda. Analicemos pouco a pouco. Desde o VIII Congresso de Refundaciom o 13 de novembro do 2004 na cidade do Lérez, no que estivem presente ao ser convidado, na companha de Luis Taboada Camoeiras e doutros galegos loitadores e generosos, quixem estar calado por respeito a moitos amigos que ainda nom se decataram do grande erro de estrategia, co risco engadido, que era ir recolhendo aos revotados e expulsados doutros grupos políticos. Nese Congresso Manuel Soto foi nomeado secretario geral e no seu discurso rematou num cum “acto falhido freudiano” decindo que ía trabalhar com todas as súas forzas polo partido socialista, o que emendou de inmediato entre os risos dos presentes. Penso que assím o fixo, trabalhar dalgún xeito para os outros grupos políticos, e nas eleiçoes municipais perderom a pouca representatividade que tinham no Concelho de Vigo. Isto é tam só uma anedota num mar de loitas contrarias a confianza que Prisciliano tinha no Partido Galeguista e que segundo as suas palavras: “O tipo de partido polo que sempre devecín é un partido de bos e xenerosos, que non deixe lugar prá vanagloria persoal nen prá envexa, un partido aberto, que non deixe lugar ao inquisitorialismo, un partido no que os que gobernan non pelexen por estar enriba senón por estar debaixo servindo aos demais, no que os seus dirixentes non se autoimpoñan, senón sexan libremente recoñecidos polos demais, no que a conspiración sexa sustituida polo pacto”. Com estas ideias, entre outras o Prisciliano chegou a presidir o Partido Galeguista desde janeiro de 2008 coa sua eleiçom no IX Congresso; pero pouco durou a aventura de voltar ás fontes do Partido histórico, cando ademáis do Sr Soto ja se embarcara o Sr Troitinho (candidato á alcaldía de Ourense, financiando a campanha cum crédito pessoal?) e outros dos que é melhor esquecer que estiverom em política. A tensiom que poida haber em toda agrupaciom política era e é moito maior num partido “basoira” que ía recolhendo aos revotados e dinosaurios que, de nom seres polo Partido Galeguista, só existiríam nas hemerotecas. Manolo Suárez, o Prisciliano do Partido galeguista, o meu amigo e irmao na fe, decatou-se que seguir na trajectoria de contar sempre a verdade nese contexto rancio, comezaba a ser imposibel, por iso escrebeu a carta de dimissiom e convocatoria doutro Congresso, que todos podemos ler na web do actual Partido Galeguista.

Comentarios

Entradas populares de este blog

EXPOSICION DOS COLPORTORES

Passamento de Marcos Valcarcel no Natal 2010