Os colportores nas Terras da Galiza Por primeira vez en Ourense temos a oportunidade de coñecer a figura dos colportores. Unha exposición no Centro Cultural da Deputaciòn de Ourense organizada pola Igrexa Evanxélica sita na rúa Bonhome desde hai 40 anos, dará conta do traballo destes axentes das Sociedades Bíblicas nas que destaca George Borrow, quen visitou a Galiza no ano 1837. Ademáis da exposición, un ciclo de conferencias arredor desta temática versará sobre o pasado, presente e futuro deste gremio de traballadores, no que tamén partipou Manuel Curros Enriquez durante o tempo que viviu en Madrid, e no que a inmensa maioría de investigadores perden a súa pista. O programa A exposición realízarase no Edificio Cultural da Deputación de Ourense entre os días 25 de Outubro ao 4 de novembro de 2011, no horario habitual de apertura. Baixo o título “Os colportores nas terras de Galiza” , é a primeira oportunidade de achegarse á figura dos colportores con profundidade e rigor. A Exp
Cando soubem do passamento de Marcos Valcarcel, corrim ao piano a componher uma peza musical para él e os seus. Escribina, toqueina e graveina num cd. Pronto a poderam escoitar todos os que queiram, pero é o meu sentir ao perder a um amigo. Cando ainda estaba com nós escribinlhe um artigo que estou seguro que leu. Reproduzoo agora de novo, coa alma chea de dor e soedade. Marcos Valcarcel, Víctor Campio e Carnicero (27 marzo 2008) PAM POR PAM Quero escreber os versos máis alegres nesta hora...., lembrando, sentindo e desexando que o tempo que disfrutamos do “pam por pam” de Marcos Valcarcel, fique perenne nas nossas memorias. E quero lembralo agora porque tenho fame dese pam que nos daba a modo de microrrelato ao que tamem é afeiçoado. Ese pam do que moitos comimos, fíxo-nos medrar no nosso universo cultural, social e afectivo, fazendo que nos achegásemos ao seu autor Marcos, cum chisco da timidez que ele mesmo reflicte. Pero ao contrar
Comentarios