Unha aportación a exposición: Naqueles pupitres vellos

Hoxe fun ver a exposición que tan xenerosamente nos ofrece o Concello de Ourense a través do Arquivo Visual Ourensán. Busquei e busquei e so atopei unha fotografía de finais do século XIX, en concreto de 1886.
Non pensei que o arquivo da familia fose aportar moito máis, pero Mazaira e Rafael pídenme que sexa tamén xeneroso con todos, e ahí vai unha das xoias que están na casa.

   Trátase dunha foto dunha clase na que está o meu bisavo Julio. A data que consta na proia fotografía é do curso 1888-1889 no Instituto de 2ª ensinanza de Ourense.  Posteriormente  o avó Julio emigra a Cuba e en 1898 retorna con diñeiro. Pero esa será outra historia. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

EXPOSICION DOS COLPORTORES

Passamento de Marcos Valcarcel no Natal 2010