Som moitos os milhóns de seres humanos que tenhem posta a mirada nos Estados Unidos. Quizáis esto aconteza a miúdo, pero o realmente novo é que demasiada gente tem as suas esperanzas depositadas no Obama “salvador”. Tenho que reconhecer que nom acertei cando dixem que Obama nom había ganhar as eleiçoes, nom era máis que a minha opiniom, aínda assim quero aventurar-me e expresar o que penso da situaciom actual. Cuestións aparte da transcendencia simbólica que supom que um home de cor sexa presidente dos EEUU, Obama vai ter que loitar contra a imposibilidade de resolver todos os problemas pessoales dos americanos. Ainda que pareza increibel, cidadáns de todo o mundo escrebem-lhe cartas para que solucione os seus problemas económicos nalgum caso, ou problemas de visado noutro. Temas internacionais coma a ocupaciom em IRAQ, Guantánamo, o conflicto Palestino- Israelí ou mesmo a situaciom em Cuba, ficaram aparte se logra reactivar a economía interna e logra frear o paro, que toma cifr...