D. Luis Taboada Camoeiras: Um galego ejemplar


Nom é preciso imaginar nada do que pensaríam os membros das mocedades galeguistas ao saber o que está a acontecer coa lingua galega nestes días. E aseguro isto porque algúns tivemos a oportunidade de preguntarlhes directamente nom hai moito tempo. Sabemos o que pensaban e diciam, pois ninguem logrou taparlhes a lingua, quitarlhes a fala ou facerlhes mirar ás costas para que perderam o caminho. Um deles é a vida de D. Luis Taboada Camoeiras, que por sorte e sem buscalo, topei com ele investigando outros temas que algúns conhecem. D. Luis Taboada, o seisdedos para os amigos, asistiu ás aulas da Escola Laica Neutral, e foi aluno de Hipólito Sinforiano Luengo e Teresa Roqueta. Numa entrevista que lhe fixem a D. Luis, alá polo ano 1998, no Ateneo de Ourense, contábame que foi o seu pai o que agardou a que inauguraram o Centro laico para matriculalo. Contábame que primeiro estivo na casa do Caiam, na praza que hai detras da Trinidade, pero despois pasou á rúa Rainha Vitoria. Coa súa memoria prodigiosa relataba anedotas que o marcarom moito, coma cando lhe berrabam os nenos das monxas: Fora, fora Escola Laica/ fora da nossa nazom/ que queremos ser amantes/ do Sagrado Corazom. Com tudo ele sentíase privilegiado de estudar alí, cando no tempo era uma desgraza social. De mozo passou a formar parte das mocedades galeguistas e sempre falou galego, por iso, tentarom darlhe o passeio da morte, para matar o galego. Pero nom foi assim. Sempre tivo valor e a sorte de seguir adiante na loita pola súa terra, pola súa lingua e pola súa identidade. Outros poucos ou moitos, mudarom radicalmente. Nom foi o medo que dim algúns ou justificam outros, emulando aos primeiros, senom que quixerom buscar a oportunidade asumindo o prezo da dignidade persoal. Estou a falar de Vicente Risco, parafraseando a sentenza de Castelao “cando Risco era alguem”. E isto vem a conto polo enfrentamento que tivo a nai de D. Luis Taboada com Risco. Aconteceu na posguerra e daquela Risco era o Director da Escola Normal. D. Luis precisaba um informe de boa conduta e Risco negoulho. Cando a nai de D. Luis lhe lembrou que había uns anos ele era coma eles, em canto ás ideas, Risco respostou em castelhano “Yo no era tanto...”. A voz entrecortada de D. Luis relataba este episodio com dor, bagoas e sem ganhas de venganza.

A día de hoje o galego sufre da indiferencia da Administraciom Educativa. Querem vender-nos que fomentam o ensino da lingua en Asia e noutros paises e seguimos a ser ninguneados cum Decreto na nossa Terra, está em maus da Justiza. Por iso a loita polos dereitos dos galegos sigue adiante. Contaba que D. Luis tivo sorte pois puido ejercer como mestre, pero nom quero esquecer á súa familia que tanto o amaba e que logrou que os seus derradeiros anos fossem moi bos. Lembro que cando tivo que deixar Ourense estaba moi preocupado, pero o seu filho José Manuel e a súa nora Graciela, traíano a Ourense sempre que podíam, a dar umas voltas pola rúa do Paseo. Alí atopába-se com medio Ourense que o conhecía, e penso que ele mesmo reverdecía. Pero confeso, eu que nunca me confesei, que nunca logrei falarlhe de “tú”, como me pediu , tantas veces!!!, quizais fose porque conhecía a súa historia e nunca me atrevim a quitarlhe o “vostede”, que com tanta honra tinha ganhado. Tentaram matar ao galego e nom puiderom coa súa vida que era a lingua. Assim forom noventa e dous anos de vida e deixa-nos uma herdanza que, fará falha que sigamos loitando por ela.

Em memoria de D. Luis Taboada Camoeiras

Comentarios

Entradas populares de este blog

EXPOSICION DOS COLPORTORES

Passamento de Marcos Valcarcel no Natal 2010