ESCOLA VIVA em Ourense.

O movemento de renovaciom pedagóxica ESCOLA VIVA celebrou esta passada semana na localidade de Ourense uma xornada de formaciom, que nos lembra ás Escolas de verao que durante moitos anos se organizabam na cidade. Cuma boa participaciom de mestras e mestres de Educaciom Primaria e profesorado de Secundaria, houbo ponencias e debates en torno aos valores educativos e o seu papel enriquecedor no desenvolvemento do ser humano. Os Movementos de Renovaciom Pedagóxica (MRPs), nom caducan e seguen a ter sentido grazas aos sindicatos que botaron mao deles. Desde hai demasiados anos, se nos insistía con vehemencia, que a independencia ideológica era incompatibel cos valores sindicais. Nada máis lonxe da realidade. O trabalho sindical tem moito co ver cos MRPs posto que compartem algúns obxectivos fundamentais. A capacidade de anticipaciom e prevenciom aos problemas de actualidade e a potenciaciom da calidade da formaciom continua, ten pouco que ver coa oferta de formaciom permanente que se fai desde a Administraciom educativa. Demasiadas carencias hai a día de hoxe, e se se foran corregindo a um ritmo lento habería esperanza; mais tórnase cara outros derroteiros moito máis perigosos, como os da Comunidade Autónoma de Madrid. As revindicacioms dos MRPs seguem sendo válidas para estes tempos de incertidume, pero as ajudas económicas pasarom de ser moi escasas, as ser inexistentes. Este feito tam negativo, destrúe a formaciom permanente e crea desigualdades sociais, posto que so os ricos accedem a dita formaciom. Até hai poucos anos había escolas de Verao em Pontevedra, Ourense, Ferrol, Vilagarcía e outras localidades, nas que tamem se nos permitía formar a mestres e mestras em paro. ¿Onde se vam formar agora?. Pagando e nada máis que pagando. Escola Viva celebrou durante anos, escolas nas que os docentes apresentabam as suas experiencias e coñeciam outras técnicas de ensino. A actual Administraciom educativa é inimiga destas escolas. Dim sem rubor, que mesmo por internet podem comunicarse uns cos outros, sem moverse da casa. uma boa forma de fomentar as relacioms humanas!!!. Deste xeito se hai dous anos era uma miragre que o MRP ESCOLA VIVA celebrara o seu vintecinco aniversario, agora mesmo é grazas a um equipo de persoas que trabalham pola renovaciom pedagóxica com moita ilusión, e co apoio do sindicato da FETE, que apoia cos seus medios e coa súa infraestructura, para que todo sega adiante. Por iso é fundamental o esforzo do seu secretacio xeral Carlos López Cortiñas, galego da Rúa de Petín, que veu a propósito desde Madrid para o evento. Coa súa presenza em Ourense, aportou a súa experiencia numa das ponencias centrais da semana de Escola Viva.


Escola Viva ten moito que dicer no futuro dos MRPs como peza fundamental da recen creada Agrupaciom Galega de MRPs. Uma renovaciom interna necesaria nos Movementos de Renovaciom Pedagóxica.

Comentarios

Entradas populares de este blog

EXPOSICION DOS COLPORTORES

Passamento de Marcos Valcarcel no Natal 2010