EXPOSICION DOS COLPORTORES


Os colportores nas Terras da Galiza

Por primeira vez en Ourense temos a oportunidade de coñecer a figura dos colportores. Unha exposición no Centro Cultural da Deputaciòn de Ourense organizada pola Igrexa Evanxélica sita na rúa Bonhome desde hai 40 anos, dará conta do traballo destes axentes das Sociedades Bíblicas nas que destaca George Borrow, quen visitou a Galiza no ano 1837.
 Ademáis da exposición, un ciclo de conferencias arredor desta temática versará sobre o pasado, presente e futuro deste gremio de traballadores, no que tamén partipou Manuel Curros Enriquez durante o tempo que viviu en Madrid, e no que a inmensa maioría de investigadores perden a súa pista.

O programa

A exposición realízarase no Edificio Cultural da Deputación de Ourense entre os días 25 de Outubro ao 4 de novembro de 2011, no horario habitual de apertura. Baixo o título “Os colportores nas terras de Galiza”, é a primeira oportunidade de achegarse á figura dos colportores con profundidade e rigor. A Exposición está comisariada polo profesor José Luis Fernández Carnicero, investigador e autor do único traballo monográfico sobre o protestantismo en Ourense que editou Ir-Indo hai 2 anos.

Que é un colportor?


Chamamos colportores a todos as persoas que ao servizo dunha Sociedade Bíblica, percorrían toda a Península Ibérica cargados de Biblias, Evanxeos, Novos Testamentos e outras publicacións que distribuían nas feiras e nas rúas, prazas ou polos camiños.

   A palabra ten a súa orixe na voz francesa “colporteur”, e nos fala do vendedor ambulante que levando ao pescozo (“col-”), diversas mercadurías, ía casa por casa vendendo. No seu caso eran Biblias.

   Entre as cualidades destes axentes das Sociedades Bíblicas, destacaban o seu espíritu aventureiro, a súa boa reputación e testemuña, ademáis dunha vida de renuncia e privación, pasando moitos meses lonxe do seu fogar.
   Os colportores das diferentes Sociedades Bíblicas tiñan o seu salario, e cobraban un tanto por cento das ventas do total de Biblias.


As Sociedades Bíblicas I

 Coa meta de poder ofrecer a Biblia nas línguas vernáculas e a un bo prezo a todo o mundo, naceron diversas Sociedades Bíblicas ao carón das igrexas protestantes. O traballo de traducción, impresión e distribución era necesario para que cadaquen puidese achegarse á mensaxe máis xenuina do Evanxeo, esto é, tal como foi revelada ás persoas.
A maioría das Sociedades Bíblicas vendían a baixo prezo porque entendían que o público dáballe máis valor á Biblia se a mercaban, que se a recibían de balde.


A primeira Sociedade Bíblica da que temos noticias é a chamada “Institución Canstein da Biblia” fundada no século XVIII por Hermann Francke, para facer circular a Biblia na língua alemana. Tamén topamos nesas datas á “Sociedade en Escocia para a Propagación do Coñecemento Cristiano”, en 1709.

As Sociedades Bíblicas II

Na Galiza as diferentes Sociedades Bíblicas foron representadas polos seus axentes (os colportores):
-          Sociedade Bíblica Británica e Extranxeira
 (British & Foreing Bible Society) BFBS fundada en Londres 1804 co nome de Sociedade Bíblica de Londres. O seu famoso colportor chamado George Borrow deixou testemuña do seu traballo no libro “La Biblia en España”, traducido ao castellano e prologado por un dos presidentes da II República: Manuel Azaña.
-          Sociedade Bíblica Escocesa. “National Bible Society of Scotland” NSBS Formada pola Sociedade Bíblica de Edimburgo a Sociedade Biblica de Glasgow, e outras Sociedades Bíblicas de Escocia. Naceu en 1861 e decidiu comezar de xeito autónomo imprimindo e distribuíndo a Biblia cos seus propios colportores entre eles:(Ventura Vidal (León), Severiano Millos (Vigo), Manuel Sendón (Coruña) e José de los Ríos (Ourense).
As actividades centráronse sobre todo en León e Galiza, tendo aos misioneiros ingleses como supervisores.

-          Casa Bíblica de Los Ángeles. BSHA. Creada e patrocinada por Ralph Smith. Misión independente que financiaba Biblias nos paises de fala hispana. Destacan as edicións subliñadas da Biblia e Novos Testamentos. Ademáis tiñan publicacións moi variadas sobre temas bíblicos e infinidade de folletos. Na Galiza tivo polo menos dous colportores ao seu servizo: Antonio Pesqueira e Francisco Nores de Seixo Pontevedra).


-          Scripture Gift Misión. SGM. Fundouse en 1888 por Guillermo Walters, en Birmingham. Despois de imprimir folletos con relatos bíblicos pasou a editar libros evanxélicos ilustrados. Finalmente incorporouse á Sociedad Biblica Naval e Militar fundada en 1780. A característica principal da SGM, foi a entrega gratuita de todo o material que producían. Poren os seus axentes ou colportores tiñan licencia para dar a literatura ou vendela.



Conferencias

O ciclo de conferencias relativas ao pasado, presente e futuro do traballo dos colportores terán lugar no aula Cultural do Liceo de Ourense, os días 2, 3 e 4 de novembro de 2011 ás 20:15 h, coincidindo co final da exposición no Edificio Simeón

Os conferenciantes convidados, segundo o orde de actuación serán:

o        José Luis Fernández Carnicero dia 2
Profesor, músico e escritor. Mestre de Educación Musical no CEIP Plurilíngüe do Carballiño e Licenciado en CC Matemáticas coa especialidade en Estadística na UNED. Autor da única investigación sobre o protestantismo en Ourense e provincia.
  O título da conferencia será “ Os colportores en Ourense e na Galiza”

o      Jaime Fernández Garrido  dia 3
Pedagogo, músico e escritor. Doctor en pedagogxía pola Universidade Complutense de Madrid e Director do programa NACER DE NOVO, na Televisión de Galicia e na radio galega (CRTVG). Foi pioneiro na TVG co programa evanxélico que leva máis de 1000 programas emitidos.

 O título da conferencia será “ Do colportorado a NACER DE NOVO: Compartindo obxectivos”.


o      José Pablo Sánchez  dia4
Teólogo. Conferenciante e director do programa “Buenas Noticias” na Televisión Española (TVE).

O título da conferencia será “ A repercusión social da Reforma Protestante a través das Sociedades Bíblicas e os colportores”.


A organización conta coa colaboración da Sociedade Bíblica de España, cos fondos do Arquivo Histórico de Marín e co material do século XIX doado por, Pablo Enrique Le More (Teólogo Belga afincado en Madrid), ao Arquivo Histórico da Familia Carnicero.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Passamento de Marcos Valcarcel no Natal 2010

LA REVISTA DE LA ATEO