Odía 5 de decembro fixo un ano que Marcos Valcárcel partiu a unha viaxe sen retorno que todos temos que facer, máis tarde ou máis cedo. Por iso quero lembrar hoxe a súa personalidade, que lle levou á achegar a moitos máis dos de sempre, a paixón pola literatura e pola lingua galegas. Para buscar un símil, escoito ao mesmo tempo que escrebo aos mestres franceses de clave Gaspard Le Roux, Rameau e Duphly. Foi alá polo século XVIII cando a vida musical saíu da corte de Versalles e localizouse en moradas privadas, nas que os músicos convidaban a amigos e coñecidos para presentarlles a músicos e cantantes virtuosos. Este feito fixo que a cultura musical se reflectise na sociedade con forza e se consolidase máis tarde, a pesar da decadencia dos mecenas. Marcos Valcárcel era doutor en Historia Contemporánea e catedrático de Lingua e Literatura Galegas, porén sempre quixo achegarse máis aos seus alumnos do Instituto da Carballeira, que á posibilidade de ocupar un cargo de prestixio nunha das u...