Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2012

A análise postcongresual do PSdG-PSOE

Despois de ver o resultado axustado polo que Pachi Vázquez chega á secretaria xeral do PSOE en Galiza, solo fica esperar sentado para ver como chega o partido á convocatoria electoral do próximo ano. Despois de todas as promesas copiadas de moitos foros de debate e mesmo dos comentarios do Facebook, o discurso do Pachi xa é unha reminiscencia dun pasado que lle pon as pilas ao PP, dándolle o pulo que precisa. Aínda de o PP perda a maioría absoluta, o Psoe non está en disposición de governar. Pero así están as cousas e como dí un amigo meu, seguimos sen a liberdade que precisamos para seguir adiante. Xa o dixo desde o comezo. "sen tutelas", agora a aturalo ou roelo. Non queda outra.

A aposta de Elena Espinosa

                                                                                 Sigo esperando coa calma, e xa teño perdida a esperanza de enteirarme ben e antes de tempo, de cales son as bases fundamentais polas que apostará Elena Espinosa no Congreso deste fin de semana. Por unha parte, non lles vou negar a vostedes de que a curiosidade me ten un pouco preso, pero por outra síntome orgulloso dunha candidata que todavía cre nas liberdades individuais para elexir, sen presións, á nova peza fundamental da oposición no panorama político galego. Sería bastante sinxelo desmarcarse da tendencia e deriva do pasado de Pachi, sen entrar en detalles turbios innecesarios que contaminan e non deixan ver ben a luz. Sería tan sinxelo como facer públicas as políticas de progreso que non so...