A aposta de Elena Espinosa




                                                                             
   Sigo esperando coa calma, e xa teño perdida a esperanza de enteirarme ben e antes de tempo, de cales son as bases fundamentais polas que apostará Elena Espinosa no Congreso deste fin de semana. Por unha parte, non lles vou negar a vostedes de que a curiosidade me ten un pouco preso, pero por outra síntome orgulloso dunha candidata que todavía cre nas liberdades individuais para elexir, sen presións, á nova peza fundamental da oposición no panorama político galego. Sería bastante sinxelo desmarcarse da tendencia e deriva do pasado de Pachi, sen entrar en detalles turbios innecesarios que contaminan e non deixan ver ben a luz. Sería tan sinxelo como facer públicas as políticas de progreso que non soubo levar adiante nestes últimos anos, ou plantexar outras que sorprenderán aos congresistas do PSOE galego nestes días. Pero desde a posición e visión privilexiada que otorga o desenvolver e ocupar un Ministerio moi complexo no conxunto do Estado, está a humildade de someterse á vontade dos militantes que participarán no Congreso.

   Moitos anos teñen pasado desde que o cambio na Secretaría Xeral do PSOE galego era necesario. A entrada do actual secretario xeral foi semellante a alguén que de boa fe quere arrumar un galiñeiro e córtalle a cabeza ás pitas. Poren, o partido popular estaba tan agonizante que a cegada do PSOE ao poder de mau do BNG, eclipsou esa renovación interna vital. Por facer un pouco de historia recente, a falta de defensa pola xestión do bipartito, fixo que se voltase á oposición que o PSOE ven coñece na Galiza desde hai moitos anos, e desde a secretaría xeral non houbo máis que lamentos e máis lamentos, en vez de contar coa xente que estaba desexando traballar para reforzar un partido histórico que trouxo a maioría dos avances sociais a este Estado complexo e plural.

   Por iso, por todo o exposto, moitos temos novas ilusións na aposta de Elena Espinosa Mangana por renovar a presenza socialista na Galiza. E como en democracia, a maioría sempre ten moito que dicer, debemos aceitar o resultado, fose cal fose, sempre que non esté condicionado pola oferta e demanda de cargos directivos ou de responsabilidade nos diferentes órganos directivos que se tercien. O mellor dos exemplos é o alcalde de Ourense, que ten claro que Elena Espinosa é o futuro do socialismo galego e o comezo dunha nova etapa de orden e transparencia

Comentarios

Entradas populares de este blog

EXPOSICION DOS COLPORTORES

Passamento de Marcos Valcarcel no Natal 2010