A ESquiZOfrenia no entorno
Despois de ler o anteproxecto da nova lei orgánica de educación que pronto vai ver a luz, hai varias cousas que chaman a atención a calquera que pertenza ao mundo do ensino. Pero este suposto de convivir coa docencia é bastante amplio dado que a presenza dos consellos escolares implica a participación de nais, pais, mestres, alumnos e persoal laboral entre outros, no marco da comunidade educativa, e polo de agora aínda temos fillos e fillas que nos impliquen neste asunto. Neste contexto a nova lei orgánica fala nos seus apartados 6.2 e 6.3 das propostas e medidas a aplicar cara ter un obxectivo ben definido: incrementar a autonomía nos centros docentes para obter resultados mellores. Até aquí todos dacordo salvo que piden un liderazgo directivo, ou sexa unipersoal, e deixa aos consellos 'en bolas', é dicer, despidos de toda responsabilidade de decisión xusto ao revés ao momento actual, no que siguen a ser o máximo órgano de governo dos centros educativos. Volvemos á esquizofre...