A ESquiZOfrenia no entorno



Despois de ler o anteproxecto da nova lei orgánica de educación que pronto vai ver a luz, hai varias cousas que chaman a atención a calquera que pertenza ao mundo do ensino. Pero este suposto de convivir coa docencia é bastante amplio dado que a presenza dos consellos escolares implica a participación de nais, pais, mestres, alumnos e persoal laboral entre outros, no marco da comunidade educativa, e polo de agora aínda temos fillos e fillas que nos impliquen neste asunto. Neste contexto a nova lei orgánica fala nos seus apartados 6.2 e 6.3 das propostas e medidas a aplicar cara ter un obxectivo ben definido: incrementar a autonomía nos centros docentes para obter resultados mellores. Até aquí todos dacordo salvo que piden un liderazgo directivo, ou sexa unipersoal, e deixa aos consellos 'en bolas', é dicer, despidos de toda responsabilidade de decisión xusto ao revés ao momento actual, no que siguen a ser o máximo órgano de governo dos centros educativos. Volvemos á esquizofrenia dos tempos pasados no que a administración colocaba acólitos disciplinados nas direccións axeitadas e, eso si, sempre con moito orden segundo a Superioridade de sempre.




Pero hai máis. O rumbo social sigue en pé de guerra e o panorama móstrase tan disperso que os partidos políticos siguen a perder apoios dunha parte do pastel de votos que agora elixe votar en branco (que é máis limpo), ou emitir votos nulos (para expresar o cabreo coa clase política). A xente fartouse do voto útil, e agora está esperando que a reforma laboral xerene emprego, nun mercado de traballo que está afogado de liquidez e sen liñas de crédito para os autónomos que mantiñan desde hai moito tempo as clases medias deste país. E con esperar non chega?, por iso vemos aos mozos emigrar cara unha Europa indefinida e iso tamén é una esquizofrenia que nos oprime a todos.




Por se fora pouco todo isto, as diferencias ideológicas xa non se dirimen no Parlamento. A maquinaria xudicial ten un protagonismo excesivo na nosa vida cotiá. De poco valen as diferentes comisións parlamentarias nas que se traballa a reo (e diso ninguén fala), se ao final moitas leis básicas pasan polos tribunais, cos retrasos de sempre, e coa incertidume que iso supón. Proba delo é a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que anula dous puntos básicos ao Decreto de Plurilingüismo da Xunta. Pero non había que chegar aos tribunais para saber que era un disparate preguntar aos país, antes de cada curso académico, que lingua querían que falaramos nas aulas. Todos os órganos consultivos xa llo dixeran, e non quixeron escoitar. Desde o Consello Escolar de Galicia até os propios país, todos eran e son contrarios a este compadreo con Galicia Bilingüe que fai un dano moi grande á lingua dos galegos e galegas deste pais.




Por último, e a modo de anedota, non quero deixar de falar dos recortes que Ratzinger fai no seu último libro sobre a vida de Xesús. Xa hai moito tempo que os estudosos dos textos bíblicos coñecían a dificuldade de que estivesen un boi e unha mula no Portal de Belén, e por esta vez dareille a razón ao Pontíce Romano, pero o certo é que despois de tantos anos representando o Portal, haberá que facer de tripas corazón, e seguir coas mulas e os bois presentes. Digo eu. Do contrario habería que quitar tamén aos Magos, que chegaron ano e medio máis tarde ( do contrario Herodes non mandaría executar aos menores de dous anos), e o peor de todo, habería que mudar a data de celebrar o Nadal. Imaxinan vostedes aos pastores en pleno inverno coas ovellas a miles de metros de altura. Pero todo isto ven a conto porque eso si que sería sufrir de esquizofrenia transitoria: celebrar o Nadal cando en realidade corresponde: na Semana Santa. E todo chegará.

Comentarios

Entradas populares de este blog

EXPOSICION DOS COLPORTORES

Passamento de Marcos Valcarcel no Natal 2010