POSIO

Hai moito tempo que tinha interés em possuir uma desas revistas que fixerom historia neste Ourense de hai 50 anos, como foi Posío- arte e letras, que marcou a continuidade da revista POSIO de 1945. Por moito que tinha procurado polas canles habituais de livros e revistas de segunda mau, nunca tinha topado nenhuma. Nem siquera em alguma desas bibliotecas privadas que de cando em vez, podemos mercar algo rancio, ao seres rexeitado polos seus donos; bem por falha de espazo, bem por nom aprezar o que tenhem. Porem, no rastro deste mes de setembro, no marco fabuloso da Praza Maior, e a um prezo justo, puidem fazer o meu sonho realidade. Estaba para mim, pero quero que sexa para todos vostedes tamem, por iso periódicamente irei publicando no blog, “O recuncho de Carnicero”, as partes máis salientabeis desta fermosa revista, com graburas de Manuel Prego de Oliver e artigos de moita importancia que rescatam capítulos da historia de Ourense, como o escrito por José Ramón Fernández Ojea (Benchosey), sobor da imagem da Virgem do Posio, ubicada ao día de hoje onde estaba da Virgem do Carmo, nas Burgas, e que ao arder um día de treboada, alá polos anos 20, foi sustituida pola de pedra, asociandoa ao culto ás benditas ánimas, coa que, em principio, nom tinha nada que ver. Pero as cousas som assim e sabémolas neste caso, grazas a Benchosey. Por outra parte Jesús Ferro Couselo, Presidente da Junta directiva da sociedade deleita-nos cum importante artigo sobor os romances e os livros de cabaleiros na onomástica pessoal galega dos séculos XV e XVI, destacando a onomástica medieval, incluso dentro de familias de moito nome.

Sorpréndeme a estructura da revista num principio, pero podo asimilar o carácter práctico da súa forma ao tratar-se de números agrupados nun so volumen. Despois dos artigos comentados e algum outro, aparece a sección de Poesía Galega caracterizada pola figura do afiador. Serafín Gómez Pato escrebe o romance do afiador namorado coa dedicatoria intimista que dí: “A todol-os compañeiros de roda que percorren as cinco partes do mundo soñando camiños”. Ademáis do lucense Manuel María, e o amigo e poeta admirado Víctor Campio podemos ler duas poesías de Pura Vázquez, tituladas “Salto do can” e “Invitación pro ensono dos meniños”. Tamem hai lugar para a poesía castelhana com poesías de Antón Tovar, José Luis Montes e a curiosa participación de José Manuel Silva Méndez cuma poesía titulada “Tras lo Divino” no que se cuestiona ¿onde está a paz eterna?. Tenho que reconhecer que me sorprendeu. Despois duma obrinha de teatro de dous curtos actos, escrita por José Luis López Cid, disfrutamos dum apartado adicado aos Ourensanos Ilustres, colaboraciom de Alberto Vilanova Rodríguez, autor do libro titulado “Vida e Obra de Manuel Curros Enriquez. Edicións “Galicia” do Centro Galego de Bos aires, 1953, obra moi recomendable pola cantidade de fontes históricas da época que o autor puido consultar e contrastar. A adquisizom primeira edizom foi outro sonho deses que se cumprem cando um menos o espera. Noutra hora ja o contarei.

Em resumo, que se tenhem a fortuna de topar outro número de Posio, ainda que sexa o de 1953-54, espero que nom passem de largo e fiquem um bocado de tempo para olhalo, lembrando que esta revista era froito dum grupo de mozos inquedos que formabam o grupo “AZOR” (José Luis Varela, Segundo Alvarado, Alfonso Alcaraz, Segundo Fernández Covelo e Pura Vázquez) e que ademáis tinham uma tertulia literaria en Radio Ourense, alá polos anos cincuenta.
(*) Membro do Conselho Escolar de Galiza.

Comentarios

Entradas populares de este blog

EXPOSICION DOS COLPORTORES

Passamento de Marcos Valcarcel no Natal 2010