O convivir nas aulas galegas

Despois dunha lectura pausada do contido do anteproxecto de lei de convivencia e participación da comunidade educativa que se nos presenta desde a Consellería de Educación aos diferentes membros do Consello Escolar de Galicia, observamos que no seu conxunto, a lei non responde ás necesidades de convivencia e participación que temos a día de hoxe nos Centros educativos. Resulta un tanto curioso que os verdadeiros protagonistas da convivencia, a propia comunidade educativa, non tivera tempo de expor as súas opoinións respeito a este anteproxecto de Lei, e que outros colectivos consideramos contraria aos intereses da convivencia. Pode parecer que todo o que fai a Xunta de Galicia é contraria aos nosos conceitos ideolóxicos, e por tanto hai que procurar botar abaixo todo o que propoñen, pero nada máis lonxe da realidade. O obxectivo proposto, que consiste en que haxa unha convivencia de calidade nos nosos centros de ensino, é desexo real de todos. Pero vaiamos por partes. ...