Bater de sombras

                                                                                     

            Aconteceu o martes 21 deste Nadal, no fermoso entorno do Liceo de Ourense. As sombras de Chisco amosaron a súa faciana e mostrarom uma vez máis a súa ialma espida alominhando-nos aos presentes e ausentes. Cuma lembranza necesaria a Marcos Valcarcel e a Pepe Trebolle, comezou da mao de Fernán Vello, uma apresentaciom íntima e poética que nom entende de idades e atende a sentimentos e emocións. As sombras baterom no corazom de Chisco para poder fazer este livro de poesías, e grazas ás orientacións do autor, podemos identificar-nos coa súa experiencia. A miúdo as sombras batem com forza nas nossas vidas. Sombras que nos enchem de cobiza, ou envexa, de tristeza ou duma teima calquera, e ao mesmo tempo que nos asombram,  poucos som quem de expresalo coma él o fai, nos seus poemas. Pois dentro da inmensidade poética, que de cando em vez queremos utilizar como soporte, para baleirar-nos a nós mesmos e tentar liberar aos demáis, está a generosidade do autor, do poeta, do amigo da humanidade que, com amor, abre caminhos fechados e fecha neste caso, a dor que reflictem as sombras na súa propia vida. Generosidade abundante que amosa a utilidade de sofrir a presenza das sombras inevitabeis, ao entender que esa brétema difumina formas, e  transforma as palabras. Porem, este libro está cheo de esperanza de chegar a acadar a luz que precisamos no nosso interior. E mentras algúns tentam enchelo coas campanadas de reclamo de cada día, no que forom guiados desde nenos, outros desistem e tentam imaginar que nom acontece nada de nada... até que de súpeto, aparesce a sombra.


            As palabras dos poemas de Chisco tomam significados variados segundo a procedencia dos lectores. O nascimento das ideias de cada autor som únicas, pero a projecciom nas mentes, nas sombras de cadaquem, som inimaginabeis para o creador de formas. Por iso sempre gostei de ver as obras feitas polos artistas, da mao doutros que nom o som, ou em todo caso, do uso que lhes dam. Estou a dicer que se Mozart escoitase alguma das versións da súa sinfonía nº 41, k.551, chamada Júpiter, posiblemente nom estivese dacordo. Ou se o nosso Jaime Quessada escoitara falar dum cadro da súa mao, nom acredita-se o que dixeram del. Lembro que um día lhe preguntei a Jaime a razom de empregar uma cor determinada num dos seus cadros, que case molestaba..., a resposta foi.... “para molestar”, e despois dixo que a minha pregunta lhe dera uma boa excusa para respostar. É dicer, que o espectro que se obtem da obra de cadaquem, está ainda por explorar. Por iso a combinaciom dos versos coas cuncas Tibetanas de Carlos Arias, sem luz, entre sombras grises, pretas e brancas, fixerom que os presentes gozaram sensacións novas, pendentes de descubrir. Entre os assisentes, prefiro citar aos anónimos, e quero destacar a catro nenas e un neno que estabam perto de mim: Patricia, Nerea, Jocabed e um bugalhinho que rematou cum sono infantil, entre as sombras de Chisco. Do neno, nom sei que dicer..., nom o conhezo...., pero todos xuntos compartimos a ilusiom de que os nossos filhos se acheguem aos poemas, que racham as diferenzas e agrandam os corazóns.

            No remate, uns pinchos regados cum caldo do Ribeiro. Chisco dí que é o máis importante, pero nós pensamos que él é o nosso protagonista duma noite inolvidabel, de poesía e moito amor..., no bater de sombras.


Comentarios

Entradas populares de este blog

EXPOSICION DOS COLPORTORES

Passamento de Marcos Valcarcel no Natal 2010