O convivir nas aulas galegas


  

Despois dunha lectura pausada do contido do anteproxecto de lei de convivencia e participación da comunidade educativa que se nos presenta desde a Consellería de Educación aos diferentes membros do Consello Escolar de Galicia, observamos que no seu conxunto, a lei non responde ás necesidades de convivencia e participación que temos a día de hoxe nos Centros educativos. Resulta un tanto curioso que os verdadeiros protagonistas da convivencia, a propia comunidade educativa, non tivera tempo de expor as súas opoinións respeito a este anteproxecto de Lei, e que outros colectivos consideramos contraria aos intereses da convivencia. Pode parecer que todo o que fai a Xunta de Galicia é contraria aos nosos conceitos ideolóxicos, e por tanto hai que procurar botar abaixo todo o que propoñen, pero nada máis lonxe da realidade. O obxectivo proposto, que consiste en que haxa unha convivencia de calidade nos nosos centros de ensino, é desexo real de todos. Pero vaiamos por partes.



O anteproxecto de lei de convivencia e participación da comunidade educativa debería formar parte dunha Lei Galega pola Educación, a cual debería estar ben xustificada e argumentada á luz da Constitución, do Estatuto Galego de Autonomía e das Leis Orgánicas do Estado. Lonxe das susceptibilidades dalgún sindicato como a CIG, que xa atisba os perxuicios que esta lei traerá para o ensino en língua galega, os movementos de renovación pedagóxica argumentamos que a entrada en vigor desta lei suporía outro frente aberto nos conflictos aos que a Xunta nos ten afeitos. A presentación dunha visión autoritaria da convivencia é unha volta ao pasado máis siniestro dos modelos educativos existentes. Lembren vostedes que nese sistema moitas xeneracións foron educadas e o resultado (nada traumático según contan), é a permisibidade pola que moitos pais e nais optaron no presente actual cos seus fillos. Por outra parte tanto o formato como a redacción da lei adolecen de elementos esenciais e ao mesmo tempo chega a uns grados de concrección excesivamente puntuais nalgúns casos como por exemplo, no xeito de vestir os alumnos. Por outra parte o novedoso desta lei non é o que nos queren vender, senón o que non topamos nela. A formación das familias debera ser prioritaria para esta Consellería, impulsando programas que favorezan a implicación das familias na educación dos seus fillos. Ademáis de crear e fomentar escolas de nais e pais para o intercambio de experiencias sobre os modelos cos que as familias eduquen aos seus fillos, se se quere coñecer a opinión das nais e pais, a solución non pasa por enchelos de enquisas con preguntas que nalgún caso puideran ser ambiguas, senón promovendo nos Centros Educativos en relación directa coas ANPAs, todos estes programas. Para elo debérase contar cos organismos locais e asociacións sen ánimo de lucro como os MRPs. Pero hai moito máis. A lei carece da figura do mediador para a prevención e resolución de conflictos no marco educativo. Cada Centro debera determinar no Plan de convivencia un protocolo de actuación baixo supostos previsibeis, posto que é moito mellor evitar conflictos que resolvelos. Na lei non topamos un apartado específico no que se asegure unha partida presupuestaria para a posta en vigor da mesma pero o maior punto de discordia está en dedicar todo o capítulo IV para que as familias e excepcionalmente o resto da comunidade educativa, participen mediante procedementos de consulta, en aspectos determinados da programación xeral do ensino (art. 29.2).

Por estes motivos anteriormente expostos, pedimos desde os Movementos de Renovación Pedagóxica, que se retire este anteproxecto de Lei, e se nos presente outro. Para elo estamos dispostos a colaborar na sua elaboración con propostas que acheguen puntos de vista diferentes, en canto ao conceito de autoridade do profesorado (do que xa falei no seu día), ou á participación das familias na vida autónoma dos Centros. O conceito de convivencia é moito máis amplo que o emprego das medidas coercitivas que se nos propoñen, cunha sobredotación de poder na figura do docente. Pretender fundamentar a convivencia de calidade e dignificar a profesión docente ao mesmo tempo, con instrumentos xurídicos, é entender o problema desde un punto de vista moi diferente a como o entendemos nós. A convivencia ten que estar fundamentada en valores como o respeito, paciencia, constancia, prudencia, sinceridade, xustiza, confianza, diálogo, responsabilidade, tolerancia, orde, amizade e paz, entre outras. Entender doutro xeito a convivencia pode xerar contravalores que nos leven a atender os problemas con medidas punitivas, entendendo a autoridade como un concepto piramidal. Gañar os valores a golpe de vara é xenerar conflictos onde non os había, e temer aos docentes co medo dos tempos pasados.




Comentarios

Entradas populares de este blog

EXPOSICION DOS COLPORTORES

Passamento de Marcos Valcarcel no Natal 2010