O inverno en Ourense

O inverno en Ourense

As árbores fican espidas na Auria
E os ríos encherse han de vida
Coas chuvias, coas friaxes, coas neboas
Que traen o inverno carbal
Xuntando as familias nas casas.

Paisaxes grises e brancas
Tempo de emigración para as aves
Os nosos xa se foron co vento negro da fame
E millo verde da espranza descansa nos corazóns
Descansa a terra no inverno
E coma sempre morre a flor.

Se digo inverno sen chuvias
Se penso en Ourense sen neboas
Digo e penso o que non é
Penso e digo o que non son.

A Auria é pedra mollada
Xentes do interior
Fortes ante os ventos tolos
Firmes, xuntos a unha mesma voz

Voz do pensamento galego
Do Prisciliano que abre as mentes
Do Xosé Anxel Valente poeta
Do Marcos Valcarcel historiador

Voz galega engaiolante doce fala e nobre ser
Que coma espidos pensamentos,
coma árbores valeiradas das súas follas
moitos quixeron afogar
e sempre resucita das cinzas,
grazas ao seu falar
das xentes nas aldeas
nos invernos,
nas lareiras
no fogar de Breogan.

                                                                       Poesía de Carnicero do libro
                                                                  Ourense Catro estacións



Comentarios

Entradas populares de este blog

Passamento de Marcos Valcarcel no Natal 2010

LA REVISTA DE LA ATEO

EXPOSICION DOS COLPORTORES