Artigos de Prensa: convivencia e educación

Estes som os artigos publicados no jornal "LA REGION" de Ourense


Convivencia e educación

Neste recuncho da Hispania todo chega con retraso, eso sí o bo e o malo. Cando no resto das Comunidades Autónomas estaban preocupadas pola convivencia dentro das aulas, fundamentalmente na secundaria obligatoria, nós ainda non percibíamos o problema con tanta urxencia como para cubrirnos de cinza e rachar as vestiduras. Cando a emigración era uma realidade numerosa no conxunto do Estado, aos nosos gobernantes galegos causábalhes hilaridade, e mesmo lhes parecía pintoresco, ver a persoas de cor paseando polas rúas ou mulheres co “chador” na súa testa.

Actualmente, e grazas ao governo que agora temos na Xunta, o conceito de modernización non fica en fazer corredoiras, beneficiar aos que máis tenhen e despreocuparse polo futuro inmediato para aforrar. É posibel que tardemos moito en esquecer ao Vicepresidente enmendándolhe de cando en vez a plana ao Presidente Touriño, poren fagamos un esforzo e atendamos ao que se está a fazer e que non ten tanta repercusión social pola falha de difusión. Levábamos moitos anos nas catacumbas culturais cuma aureola de esquecemento histórico, suceptibel de dar pasos atrás e propicio para achegarnos a conflictos que no pasado ficaron sen resolución. Agora, nun caminho de progreso, non devemos eclipsar o bo fazer cos lóxicos desatinos humans, desde a potente luz xenerada pola ilusión de mudalo todo.
Centrémonos nos medios que a Administración ten ante o fenómeno do conflicto escolar. Na Comunidade Autónoma Andaluza comezaron no ano 2001 o “Plan Andaluz para la Cultura de Paz y no-violencia” e o “Plan de igualdad entre hombres y mujeres en educación”, ademáis dun Plano anual de convivencia en cada centro educativo donde contemplan a creación dun aula de convivencia para a resolución de conflictos, coa figura do mediador, e na presenza de alumnos e profesores.
Na Comunidade autónoma de Castela –León créase en xaneiro de 2005 un “Plan de fomento de la convivencia escolar” e sae a luz un Decreto 8/2006 co que se crea un Observatorio Para A Convivencia Escolar. Esta comunidade destaca o xeito de actuación coa premisa:”Tolerancia cero ante los comportamientos relacionales inadecuados…”.
Outro exemplo é Castela- A Mancha. Eles tenhen o “Acuerdo por la convivencia escolar”, aprovado o 27/04/2006 no que se insta ao governo Central a promover un “Plano Regional por la convivencia”, a melhorar a formación continuada do profesorado e a impulsar o proxecto de Cidades Educadoras, implicando a Concelhos, familias e Administracións (non só educativas). Hai que salientar que a formación continuada do profesorado en materia de convivencia comezou no curso 2003/2004 cun total de 27 actividades- entre seminarios, cursos, etc…-. No curso 2004/2005 fixéronse 79 cursos e no curso 2005/2006 entre outubro e marzo 383 actividades de formación, todas relativas á convivencia.
Finalmente estamos nós, os galegos. Sen Plano de convivencia, sen recursos materiais e humanos para afrontar os conflictos e sen Observatorio de Convivencia Escolar. ¿Para que precisamos tal cousa, dician outros?. Segundo D. Pedro Uruñuela[1] os problemas de disrupción[2] son abordables desde a prevención, despois todo é moito máis complexo… , así que en poucas palabras podemos dicer que íamos no vagón de cola. Afortunadamente xa existe un borrador cun “Plano integral de melhora da convivencia escolar na Galiza”, no que se contou coa opinión de tódolos estratos da sociedade en materia educativa, e que nun par de meses posiblemente vexa a luz. Tamén está previsto crear un Observatorio Galego de Convivencia Escolar, que facilitará as relacións entre as diferentes conselherías que se vexan relacionadas con este tema e que recolherá iniciativas para melhorar o clima escolar.
Todo esto é parte da solución e xa está en marcha; despois están os factores que todo o mundo cree conhecer e que afectan á educación e interrelación das persoas. Do profesorado, das familias e do estado da sociedade xa se ten falado moitas veces así que hoxe farémonos uma pregunta: ¿pensamos que é obligatorio convivir cos demáis?.

Ourense 03 de agosto de 2006


José Luis Fernández Díaz
Membro do Conselho Escolar de Galiza
e secretario da ASPGP
[1] Inspector da Alta Inspección Educativa. Ministerio de Educación.
[2] Cando un alumno/a che reventa uma clase.

Comentarios

Entradas populares de este blog

EXPOSICION DOS COLPORTORES

Passamento de Marcos Valcarcel no Natal 2010