ARTIGOS DA PRENSA:CRISIS, WHAT CRISIS?

Um LP clásico de Supertramp amosa uma situaciom moi semelhante á que estamos vivindo. Ainda que pareza increibel, moitos dos que seguimos os grupos de rock de calidade, pensamos de inmediato neste título, no que se amosa a un individuo tomando o sol, despreocupado pola poluciom de fábricas e máis fábricas ás súas costas. Este símil reflicte moi bem os acontecementos de hoxe. Por uma parte o Partido Popular loitando numa crise polo poder sem precedentes, por outra o petróleo polas nubes abrasando a economía das pequenas empresas e finalmente as hipotecas medrando e medrando até a ruína das familias. Porem, esto é o que todo o mundo pode ver, comentar e opinar. Poucas veces facemos um alto para mirar ao nosso arredor. Poucas veces meditamos, falo por mim, em que leis como a da dependencia, som fundamentais para os que estam a sufrir moi perto de nós. O que acontece é que nom vemos esa necesidade, porque nom nos toca, nom vai com nós. Da mesma forma fai o home de Supertramp, é melhor mirar para outro lado.
O sector máis duro do PP, o mesmo que fixo que perderan as eleizóns gerais e que fará que perdam as autonómicas e as europeas, mira para outro lado. Mira para o lado de como acadar que os seus cheguem á executiva, para continuar a retahila de que Espanha vai rachar, sem importar de que rache o propio partido. Até hai dous meses, Rajoi era o melhor para presidir o governo, e agora non o querem os seus. ¿Votaríam algúns do PP ao PSOE?, quem sabe. Com todo o de mirar de lado dáse-lhes bem.
Por se fora pouco, as empresas miram para outro lado e continúam coa deslocalizacións para abaratar costes e optimizar ganancias. As familias miram para outro lado e aventúran-se a renegociar os créditos a máis anos, aínda que sexa a maior coste. Todos seguimos mirando para outro lado cando nos falan de miserias, de necesidades e de pobreza. Nós nom somos pobres... , assim calquera.
Pero cando falamos de axudar aos demáis, votamos mao duma chea de argumentos que nom venhem a conto e seguimos sem estar satisfeitos de nós mesmos. Uma boa pregunta para autoevaluar-nos será: Que fazemos polos demáis, por pouco que sexa ou que nos pareza?. Cando falamos de ter um mundo melhor sem intenciom de implicar-nos em melhoralo, cando pretendemos que os grupos profesionais: psicólogos, psicopedagogos, asistentes sociais ou educadores sociais topem soluciom aos problemas da nossa sociedade, sem que nos molestem a nós, estamos fortalecendo a nossa insensibilidade ante multitude de casos como o que me leva a escreber este comentario. Tráte-se duma mulher calquera, dum sitio que nom sei, que chama á uma emisora fundida na desesperaciom, para pedir a ajuda prometida para a súa familia. Uma familia con dous filhos enfermos- um minusválido e outro com cancro- e cum marido que trabalha 12 horas ao día para poder sobreviver. Se só fose esta familia, ja sería moito. O peor é que hai moitas máis.
Crise, que crise! diram algúns que miram para o lado do poder, da riqueza e do benestar. Para os pobres nom hai crise posto que nunca saírom da miseria, e aínda nom se decatarom que se hai ricos é grazas a eles.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Passamento de Marcos Valcarcel no Natal 2010

LA REVISTA DE LA ATEO

EXPOSICION DOS COLPORTORES