Artigos de prensa: As competencias básicas no ensino
Artigos de prensa:As competencias básicas no ensino
JOSÉ LUIS FERNÁNDEZ DÍAZ (*)
Cando alguén ten a responsabilidade de dedicarse ao Ensino tópase con algumas cuestions de profundo calado, formuladas polos alumnos, e que non tenhen respostas triviais, como por exemplo: “ ¿Qué dianhos nos importa quen foi Carlos V ou Felipe IV se eu vou ser contable na empresa do meu pai?, ou ¿para que tenho que estudar o que é o feudalismo se xa sei que vou trabalhar na construcción?.
Francamente nun mundo onde o motor é o dinheiro e onde se valora máis a quen máis ten non resulta doado encauzar uma resposta que satisfaga aos mozos e mozas que están nun ensino obrigatorio, con olhos para ver o que acontece e que non tenhen nen un cabelo de parvos. Contan que antes da LOGSE a resposta dalgún docente era “ tí estás aquí porque queres…” pero agora esa premisa é anacrónica. Conscientes diso, os diferentes governos da Comunidade Europea formulan un novo conceito que en pouco tempo será moi común entre profesores e veuse en chamar competencias básicas. En poucas palabras tentaremos explicar o que son, fuxindo esta vez das definicións, que quizáis poidan confundir máis que aclarar o conceito. Enténdese por competencias básicas o conxunto de actitudes, conhecementos e habilidades que a persoa ten que ter para despois poder ponhelas en prática na súa vida, non só laboral, senón familiar e social. É dicer, “aprendín esto para fazer esto “ ou “o que aprendín valeume para fazer esto ou aquello”.
Os docentes están fartos de ouvir que o que se ensina vale para pouco ou que non vale para nada, e coma case sempre hai só parte de verdade en afirmar eso. Existen materias que son fundamentais para o desenvolvemento intelectual das persoas. As matemáticas, a música, o latín e a filosofía entre outras, tenhen un “poder de transferencia” que potencian que a aprendizaxe sexa moito melhor no resto das competencias básicas das que hoxe nos ocupamos. Por outra parte, estas competencias básicas non son universais e diferéncianse respeito ao contexto social e cultural no que nos movemos. É misión dos governos modificar os currículos e adaptalos ás necesidades propias e específicas de cada país. O 17 de maio de 2005 o MEC sacou un borrador “Objetivos Europeos y Españoles. Puntos de referencia 2010”, nos que se plantexa melhorar o rendemento dos alumnos en “competencias clave…” e o informe PISA convírtese no indicador relevante para medir a calidade do ensino. ¿Que pensarían vostedes se van a un examen de calquera materia e lhes preguntan o que non trabalharon?. Eso é o que acontece co informe PISA, que está orientado a avaliar as competencias básicas, e nós aínda seguíamos plantexándonos outros obxectivos (por eso saímos tan mal parados).
Con este cambio necesario estaremos a nivel Europeo e trabalharemos as “ competencias básicas que os criterios de avaliación pretenden valorar. Poren, o máis importante será que estes cambios se reflictan na sociedade nun saber SER e saber ESTAR.
(*) Membro do Conselho Escolar de Galiza e Secretário da Federación Galega de MRPs.

Comentarios