Artigos de prensa: O Israel oculto
Artigos de prensa: O Israel oculto
Alá polo ano 1220 A C o rei de Egipto, Merneptah, erguía uma columna na que punha: “Israel está asolado: non fica del semente”. Catro séculos despois o rei de Moab afirmaba: “Israel pereceu de todo e para sempre”. ¿Cal é a razon de querer aniquilar a Israel desde a antigüidade?. Alí onde están os xudeos hai prosperidade económica e desde 1948 voltaron a ser uma nación con terra. Levaban dispersos desde o ano 70 (se exceptuamos a resistencia de Masada até o ano 73) ano en que Tito, un 26 de setembro tomou a cidade de Jerusalem, non deixando nela pedra sobre pedra, como Jesús profetizaba 37 anos antes, chorando sobre a cidade, segundo os Evanxelhos. Pero ainda deste xeito, mantiveron os seus costumes, a súa lingua e mesmo a súa identidade como pobo. Non existe outro pobo que habendo desaparecido como nación, como Ente político,durante tantos séculos, voltase a ser reconhecido como tal. Na segunda guerra mundial quixeron aniquilalos como pobo xudeo, pero uma vez máis non puideron co pobo de Israel.
Chegados a este punto, chegan as cuestions: ¿o exército que ataca ao Líbano (base de operacions de Hezbola), no que morren mulheres, nenos, homes e velhos son o pobo de Deus?, e se así fose, ¿estaría Deus satisfeito co comportamento e as accions do seu pobo?. Dentro de Israel sempre existiu o “verdadeiro Israel”, é dicer, non todo Israel é o pobo que a Deus lhe gustaría ter. Se acreditamos na Biblia como canle da historia de Israel observamos a un Israel case sempre rebelde, cun remanente fiel á vontade dun Deus xusto que ama a Palestinos e Israelitas.
Israel tinha que ser luz ás nacions e hoxe ainda non vemos ao verdadeiro Israel. Quizais nunca o vexamos cos nosos olhos, pero eles hai algo que tenhen moi presente e que tamen lhes roe a conciencia; as profecías que leen en Zacarías 4:6 din “... non con exercito, nen con forza, senon co meu Espíritu...”. Polo caminho que escolheron ganharán batalhas, pero ese Israel protagonista nunca será o verdadeiro Israel oculto e de Deus.

Comentarios