Fama e envexa

Falabamos a semana pasada, nestas páginas de opiniom de ”La Región”, de idiosincrasia e decepciom, e ainda que o presente artigo nom pretende ser uma segunda parte, tenho que identificalo dalguma maneira coa ideia que manifestaba o martes pasado, no que expresaba o duro que nos resulta aos galegos, apoiar-nos uns a outros na nossa terra. Hoje falaremos da envexa, característica propia da especie humana, e segundo Unamuno, moi extendida entre os espanhois.
A definiciom dada pola RAE, nom satisface moito ao afirmar que a envexa é: “Emulación, deseo de algo que no se posee”. Buscando en Wikipedia topámo-nos com que envexa é uma emociom experimentada polo que se interesa em algo que pertence a outra pessoa, e iso é moito melhor para seguir adiante.

Os especialistas afirmam que a envexa sempre vem tapada por aqueles que a practicam com regularidade, e algumas das razóns, podem ser compartidas sem ter que esforzar-nos com razoamentos e circumloquios inútiles. Para a pessoa que tem envexa dos demáis é manifesto que posúe uma deficiencia que nom pode superar ou admitir, e por iso nom quere nem ver diante a calquera que lhe poida fazer sombra, nas declaracións públicas, na súa tarefa profesional ou mesmo no ámbito familiar. Cando a pessoa valora positivamente o trabalho doutro, ou as propiedades que tem o vecino, e a pesares de intentalo uma e outra vez é consciente, no seu interior, que nom pode superalo, a envexa comeza o proceso de corrosiom.
O que tem envexa precisa ser alabado sem límite, do que nom é, ou no pouco que tem, para intentar demostrar que chegando a seres famoso, saíndo moito na prensa (eso sí, varias veces no día e com foto), ninguem terá a osadía de destapar as minucias dumas deficiencias que “cantam moito” ao carom dos infelices que nom tehem pedigrí. O duque de La Rochefoucauld, escritor francés, de nome François escribía a máxima “A nossa envexa dura sempre máis que o bem de aqueles que envexamos”, por iso pretendo que cadaquem faga um exercicio de reflexiom da inutilidade que é ter envexa , ao nom valorar as potencialidades propias de cada um. Nom existe ninguem que nom valga para nada, e iso debéra-no aprender moitos pais que fam diferencias entre os seus filhos, generando um clima de envexa entre os irmaos, debérano asimilar os seus conhecidos que só buscam protagonismo, difamando e destruindo a imagem das pessoas de envexam, (afirmando que estam máis informados e que som os que máis sabem), e como nom, as pessoas que formam calquer equipo de trabalho, para considerar a todo o grupo un ente que se retroalimenta coas aportacións de todos.

Resulta moi edificante a obra de D. Miguel de Unamuno, “Abel Sánchez”, onde a envexa está presente em toda a obra, e comprénde-se que os máis aceitados socialmente, son os que lhes caen bem a todos, os eclépticos ou descafeinados, suceptibeis de ser criticados em privado, e cos que chegas a sentirte bem ao seu carom, pois nunca poderíam aflorar as nossas miserias rodeados de semelhantes persoajes. As causas forom expostas, as consecuencias podemos velas desde o comezo da historia da Humanidade, no asunto de Caín e Abel, que tomou como inspiraciom Unamuno para escreber en 1917 a novela antes citada.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Passamento de Marcos Valcarcel no Natal 2010

LA REVISTA DE LA ATEO

EXPOSICION DOS COLPORTORES